UGACOTA oferta cursos gratuítos
Ugacota xa puxo en marcha as súas accións formativas para o período 2011-2012, dirixidas a persoas socias e asalariadas das cooperativas galegas. Aínda hai prazas dispoñibles para participar nalgúns dos cursos que darán comezo no mes de xaneiro de 2012!
A primeira quenda de cursos do contrato programa autonómico de Ugacota comezou no mes de novembro de 2011. Nesta convocatoria ofértanse 21 accións formativas e máis de 500 plazas, nas modalidades de teleformación, formación a distancia e presencial. Comezarán en xaneiro as seguintes:
- Márketing Operacional: Ferramenta de Futuro para o Crecemento das Vendas. Teleformación (65 h): 18 de xaneiro de 2012
- OpenOffice 2.1 (básico). Teleformación (70 h): 18 de xaneiro de 2012
- Xestión por Competencias. Teleformación (45 h): 18 de xaneiro de 2012
- Comunicación Eficaz no Proceso de Negociación Empresarial. Distancia (50 h): 18 de xaneiro de 2012
- Sistemas de Información Xeográfica Aplicado á Empresa. Presencial (35 h): 1º trimestre 2012
Para obter máis información ou inscribirte nestes cursos, podes acceder aquí.
No tocante á participación de Ugacota no Convenio estatal coa Fundación Tripartita asinado por COCETA, nesta convocatoria impartiranse 14 accións formativas; aínda hai prazas disponibles nos seguintes cursos:
- Contratación Laboral. Teleformación. (60 h): xaneiro 2012
- Retribucións Salariais, Cotizacións e Recadación. Teleformación (90 h): xaneiro 2012
- Aplicacións Informáticas para Presentacións. Teleformación (30 h): xaneiro 2012
- Sistema Operativo, Busca da Información: Internet/Intranet e Correo electrónico. Teleformación (30 h): xaneiro 2012
- Aplicacións Informáticas de Tratamento de Textos. Teleformación (30 h): xaneiro 2012
- Aplicacións Informáticas de Follas de Cálculo. Teleformación (50 h): xaneiro 2012
- Marketing 2.0. Teleformación (90 h): xaneiro 2012
- Manipulador de Alimentos. Teleformación (10 h): xaneiro 2012
- Xestión de Sistemas de Información. A distancia (128 h): xaneiro 2012
- Deseño de Páxinas Web. Teleformación (60 h): xaneiro 2012
Se queres realizar a inscrición nalgún destes cursos, ou recibir máis información, podes enviar unha mensaxe que inclúa os teus datos (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto e nome da cooperativa) a patane@ugacota.org, ou chamar aos teléfonos 881 887 456 e 697 877 773.
Imaxe destacada: danzo08